Retratos

Estes días que compartimos moito tempo en casa poden ser un bo momento para retratar a persoas ás que queremos.

Miremos os seus rostros, observemos como incide neles a luz, pensemos onde fotografalas, a distancia e a relación entre a figura e o fondo...

Podemos inspirarnos en retratos de autores e autoras do Fondo Fotográfico de FOTOGRAFÍA EN CURSO. Observade as súas fotografías e fixádevos nas súas eleccións expresivas: encadre, escala, distancia, luz, relación figura-fondo, enfoque, profundidade de campo.

Cando fagamos o noso retrato preguntarémonos: que tipo de retrato quero facer? Que quero transmitir? Dos retratos que vin, cales me interesan especialmente e quero tomar como referencia?

Será bonito tamén escribir un texto sobre a persoa retratada.

Gustaranos moito ver e ler os vosos retratos se os compartides en twitter (@abaoaqu_) ou en instagram (@cinemaencurs_cineencurso @fotografiaencurs_ encurso) co hashtag #creaciónnacasa

Aquí compartimos algúns retratos realizados por mozos e mozas de institutos 'Cinema en curso' e 'Fotografía en curso'.

Na web de ‘Fotografia en curso’ podedes ver moitos outros, especialmente 'Retratos dos maiores'. Tamén tedes a proposta RETRATOS DOS MAIORES, que se pode facer extensible a retratos doutras persoas, moi desenvolvida.