Nubes e ceos. Filmar, fotografar, pintar, escribir...
Fascinación polos celos e as nubes
John Constable, Nicolas de Staël, Jonas Mekas, Artavazd Pelechian, Peter Hutton, Tacita Dean, James Benning, Emil Nolde, Pierre Henri de Valenciennes, Alfred Stieglitz, Ignasi Aballí, Eugène Delacroix, Albert Ràfols-Casamada, Mònica Roselló, Israel Ariño, Enric Montes, Carlos Pérez-Siquier… Moitos/as artistas, cineastas, fotógrafos/as, poetas comparten a fascinación polos ceos e as nubes.
Con esta proposta viaxamos cos ollos e a imaxinación a través dos ceos.
Palabras e poemas
mudas
nubes
lentas
inchadas negras brillantes
lentas
nubes
mudas
A partir do poema do tamén pintor Albert Ràfols-Casamada, podemos buscar palabras para describir “as nosas” nubes e escribir un poema.
Filmar as nubes
Observemos as nubes e gocemos dos seus movementos, texturas, formas, cores… Joana Raspall vía no ceo unha “danza de nubes”. Podemos filmar un fragmento de ceo e deixar que as nubes bailen no noso plano como as de ‘As estacións’ de Artavazd Pelechian.
Hai uns anos, un grupo de alumnas de ‘Cinema en curso’ do CEIP A Rúa (en Cangas), denominouse ‘nubistas’’: “Somos nubistas, filmadoras de nubes”. Podemos selo nós tamén!
Debuxar e pintar nubes
Cun lapis, con lapis de cores, pinturas, acuarelas, xices… sobre papel branco, azul ou negro, sobre cartón ou nun anaco de chan… Podemos trazar as formas das nubes mentres as miramos… ou tentar ser fieis ás súas formas fuxidías…
Á maneira de Ignasi Aballí
Quizais estes días, desde casa, vemos pouco o ceo… Pero seguro que o lembramos moi ben! Inspirados por Ignasi Aballí, podemos coleccionar ceos recortando anacos de azul ou pintando nós pequenos retrincos de ceo.
Máis referentes fotográficos
No álbum ‘Poéticas: árbores, nubes, auga’ do Fondo fotográfico de www.fotografiaencurso.org podedes ver máis fotografías inspiradoras.
Filmaciones y fotografías de alumnos
En el ‘Diario de los talleres’ de ‘Cine en curso’ podéis ver planos y montajes de nubes y cielos.
Y en ‘Exposiciones’ de ‘Fotografía en curso’ podéis mirar varios proyectos fotográficos dedicados a cielos y nubes.