Desde a xanela

Na web de FOTOGRAFÍA EN CURSO atoparedes esta proposta e tamén un álbum de fotografías de fotógrafos para visionar.

A que se considera a primeira fotografía da historia (realizada por Nicéphore Niépce en 1827) tamén se fixo a través dunha xanela. Desde entón, moitísimos fotógrafos exploraron este motivo. Podemos preguntarnos por que e expor hipótese. Tamén podemos recordar a historia da pintura desde o Renacemento a través do motivo da xanela.

A xanela limita e á vez permítenos ver. Pon en contacto o interior e o exterior, e ao mesmo tempo sepáraos. Podemos apuntar relacións e paralelismo entre a xanela e a fotografía, entre mirar a través da xanela e facer unha fotografía.

Comentar fotografías

Podemos empezar por "Compostela" de Vari Caramés. Atoparedes moitas pistas de traballo na Fotoproposta.

Facer as nosas fotografías

Quizais en casa, na escola ou no instituto, temos algunha xanela que poida resultar inspiradora para facer as nosas fotografías. En que elementos fixarémonos?

Buscamos o encadre, con ou sen o marco, con xanela pechada ou aberta... Podemos encadrar con moito ceo, si se ve desde a nosa xanela? Como cambia a luz ao longo do día?

Diálogos con outros fotógrafos

Ademais das fotografías do fondo fotográfico, podemos establecer diálogos con dous grandes fotógrafos tamén fascinados polas xanelas en días de choivas:

Josef Sudek, que entre 1940 e 1954 fotografió en repetidas ocasións a xanela do seu taller.

Saul Leiter e as súas xanelas de Nova York, fotografiadas en cor nos anos 50.

Escrituras, evocacións, historias

As fotografías de xanelas son extremadamentes suxerentes. A partir das nosas fotografías ou de fotografías visionadas podemos facer moitísimas propostas de escritura: descritiva, evocativa, poética, narrativa... Na Fotoproposta atoparedes moitas ideas.